Presentación pública do Plan Estratéxico da Economía Social de Ferrolterra o martes 28 de setembro

A Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol presentará este martes 28 de setembro o Plan Estratéxico de desenvolvemento da Economía Social para Ferrolterra 2021-2026, elaborado pola Oficina Local de Fomento Cooperativo desta Mancomunidade. O evento terá lugar no Antigo Hospicio de Ferrol (R/ Méndez Núñez, 11) ás 18:00 horas. Está invitados a este encontro todas as entidades da Economía Social da comarca (cooperativas, sociedades laborais, confrarías, etc.), ademais dos representantes e técnicos das administracións, así como calquera outra persoa interesada neste modelo económico. Para poder asistir é requisito imprescindible inscribirse no teléfono 722 25 37 62 ou no correo electrónico cooperativismo@ferrol.es.

A elaboración deste Plan Estratéxico contou con financiación da Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia a través das axudas ás entidades colaboradoras da Rede Eusumo para a realización de actividades de promoción e impulso do cooperativismo e a Economía Social. O Plan desenvolve 27 accións a través de 7 eixes estratéxicos que darán visibilidade á actividade do sector na comarca, consolidando o seu proceso de recuperación trala crise pos-pandémica e engadindo valor a través de fórmulas baseadas na intercooperación, o impulso institucional e a inmersión social das entidades. O proxecto tamén analiza o emprego na economía social nos anos de crise, observando unha mellor evolución e desenvolvemento en contraposición coa economía mercantil xeral, onde se observou unha maior destrución de emprego.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s