🚨No día de hoxe vense de publicar as subvencións para o fomento do emprendemento en #EconomíaSocial, que ofrecen ata un máximo de 36.000 € por cada persoa socia.💵
Podes chamarnos ao teléfono 722 253 762 ou contactar por correo electrónico (cooperativismo@ferrol.es) para concertar unha cita na Oficina Local de Fomento Cooperativo da Mancomunidade. Axudarémoste a poñer en marcha e desenvolver o teu proxecto de negocio en #Ferrolterra.
A atención presencial seguirá a ser os luns, mércores e venres no Centro de Emprego do Concello de Ferrol, os martes no Concello de Valdoviño e os xoves no Concello de Cabanas.
#XuntasSomosFortes
Subvencións para o fomento do emprendemento 2022
Deixar unha resposta