A Universidade da Coruña (UDC) participa no “Programa Campus Rural’, unha iniciativa posta en marcha polo Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico en colaboración co Ministerio de Universidades.
O programa “Campus Rural” permitirá a 12 alumnos/as complementar a súa formación en entidades e empresas asentadas en concellos de menos de 5000 habitantes.
Duración das prácticas: 3 meses mínimo e 5 meses máximo.
O/a estudiante deberá residir no mesmo concello que a empresa onde realiza as prácticas.
Remuneración: 1000 € brutos mensuais+ gastos de Seguridade Social (sen custo para a empresa/entidade)
Numero de prácticas: 12 (6 do ámbito CC. Sociais e Humanidades e 6 de CC. Saúde)
Máis información: https://www.miteco.gob.es/es/reto-demografico/temas/campus_rural.aspx
