Xornadas “Apostando polo sector primario” en San Sadurniño

As xornadas “Apostando polo sector primario” no Concello de San Sadurniño abordarán as posibilidades económicas do rural

Dun tempo a esta parte, o Concello de San Sadurniñoarrímalle á celebración da Feira da Plantación o programa “Apostando polo sector primario” coa finalidade de mostrarnos as posibilidades que ofrece o medio rural para atender os mercados alimentarios de proximidade con produtos diferenciados e da máxima calidade. As xornadas técnicas deste 2022 van ter lugar na Casa da Xuventude nas seguintes datas:

Venres 22 de abril, 18:30h: “Alimentar a comarca desde o local? O potencial de Ferrol-Eume-Ortegal para se autoabastecer de alimentos”
Xoán Carlos Carreira Pérez, Doutor Enxeñeiro Agrónomo e profesor xubilado da Universidade de Santiago, falará sobre soberanía alimentaria e máis concretamente sobre a capacidade da nosa zona para se autoabastecer de produtos frescos e elaborados. Algo no que poderían desempeñar un papel importante as iniciativas para consumo familiar, as pequenas explotacións ou as centradas na agroecoloxía.

Sábado 23 de abril, 11:00h: “A experiencia do Centro Colaborativo Daquí Darredor de Brión”
Daquí Darredor é un dos centros integrados na Rede de Coworking da Deputación da Coruña e concíbese como espazo colaborativo para a transformación de alimentos -conservas, zumes, etc-, igual que no Centro A Fusquenlla instalado en Moeche, que proximamente iniciará a fase de formación para persoas usuarias. Na charla que se ofrecerá en San Sadurniño contaremos cos relatorios de Lucía Ferreira falando sobre elaboracións con cabaza, co de Carlos Álvarez tratando o cultivo de setas gourmet e medicinais, e co de Santiago Yáñez, quen posúe unha plantación de maceiras en Muxía e produce zume.

Venres 29 de abril, 18:30h: “A apicultura como alternativa económica”
Iago Vilela, enxeñeiro de montes, apicultor e técnico na Casa do Mel de Goente, impartirá unha charla sobre o mundo da apicultura dándo razóns para dedicarse a esta actividade e tamén información sobre como facelo: axudas, alta como persoa apicultora profesional, posta en funcionamento da explotación, comercialización, contabilidade, etc.

Venres 6 de maio, 18:30h: “Oportunidades de emprendemento agroalimentario e desenvolvemento rural”
Á última das charlas de “Apostando polo sector primario” virá como convidado José Manuel Andrade, director da Fundación Juana de Vega. Esta entidade traballa desde hai décadas no desenvolvemento agrario e económico do rural galego e ten en marcha un programa de apoio ao emprendemento do que xa xurdiron varios proxectos dedicados á produción e transformación agroalimentaria.

Para participar en cada unha destas xornadas fai falla inscrición previa, chamando ao 616 332 919 ou enviando un correo a agustin.perez@sansadurnino.gal ata catro días antes da sesión á que se queira asistir. Só hai 35 prazas dispoñibles en cada unha delas e terán prioridade as persoas empadroadas en San Sadurniño ou as que sexan socias das entidades que colaboran na organización: a Asociación Galega da Froita Autóctona, a Asociación Agroecolóxica A Cortiña e a Asociación Casa do Mel.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s