Coñece o programa CULTIVA 2022🌱 financiado e desenvolvido polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, que proporciona formación práctica para persoas mozas, futuras agricultoras ou gandeiras. Presentación día 19 a través de Zoom ás 13:00 INSCRICIÓNS✍️ https://bit.ly/3Pzhws3 +INFORMACIÓN ℹ️ https://bit.ly/3PS5kD9
📢Obradoiro de emprendemento no medio rural🌳🐿️🌼 desenvolvido pola Asociación GAlega de Cooperativas Agroalimentarias “AGACA”, nas mañás do 14, 19, 21, 26 e 28 de xullo, en modalidade online.💻
🚨Curso de formación online da Red Rural Nacional: “Emprendemento no medio rural”🌳🌲 para persoas que teñen unha idea de negocio ou iniciaron recentemente a súa actividade.
📢 Ídevos preparando porque este mes inaugurase outra cooperativa na comarca, é non é unha cooperativa calquera…🐎 grandes e pequenos, xa está aquí Cabaliño do Lago, S. Coop. Galega!🐴 Marabillosas rutas a cabalo enmarcadas na lagoa de #Valdoviño ! #Ferrolterra#TurismoActivo#Sustentabilidade#EconomíaSocial
Xa temos as sociedades gañadoras dos Premios á Cooperación 2022, e dous dos tres premios concedidos recaeron en cooperativas da nosa comarca, parabéns!🥳 Premio aos valores cooperativos: 🏕️Aventeira SCG (Fene) Mellor traxectoria cooperativa: 🌹Agroflor SCG (A Gándara, Narón) Mellor proxecto cooperativo novo: 13 Grados SCG (Vigo)
A 2ª edición do programa “Sementeiras no Emprego”🌱 impartiu este ano 16 obradoiros de #EconomíaSocial a máis de 300 persoas desempregadas de #Ferrolterra, #Eume e #Ortegal e imos con máis, isto non acaba aquí! Entrementres, a semente da primeira edición vai xerminando en forma de novas empresas cooperativas, ofrecendo oportunidades, alternativas e traballo digno. 💚GRAZAS!
#XuntasSomosFortes#FerrolterraEmprende
Se tes interese en coñecer as axudas ao emprendemento en Economía Social ou oportunidades de negocio, lembra que podes poñerte en contacto connosco a través do teléfono 722 253 762 ou do correo electrónico cooperativismo@ferrol.es prestarémosche a axuda que precises e asesoramento gratuíto a través da Oficina Local de Fomento Cooperativo da Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol. #empresas#oportunidades#emprego
PARABÉNS! 🌟✨ Dous proxectos cooperativos, asesorados pola Oficina de Fomento Cooperativo da Mancomunidade, gañan o 2º e 3º premio da Revolta Rural, concurso europeo que busca fomentar o emprendemento nestas contornas. Os proxectos, de Turismo Activo 🐴(Valdoviño) e Produción Agroalimentaria🍄(A Capela) verán a luz este ano.
As xornadas “Apostando polo sector primario” no Concello de San Sadurniño abordarán as posibilidades económicas do rural
Dun tempo a esta parte, o Concello de San Sadurniñoarrímalle á celebración da Feira da Plantación o programa “Apostando polo sector primario” coa finalidade de mostrarnos as posibilidades que ofrece o medio rural para atender os mercados alimentarios de proximidade con produtos diferenciados e da máxima calidade. As xornadas técnicas deste 2022 van ter lugar na Casa da Xuventude nas seguintes datas:
Venres 22 de abril, 18:30h: “Alimentar a comarca desde o local? O potencial de Ferrol-Eume-Ortegal para se autoabastecer de alimentos” Xoán Carlos Carreira Pérez, Doutor Enxeñeiro Agrónomo e profesor xubilado da Universidade de Santiago, falará sobre soberanía alimentaria e máis concretamente sobre a capacidade da nosa zona para se autoabastecer de produtos frescos e elaborados. Algo no que poderían desempeñar un papel importante as iniciativas para consumo familiar, as pequenas explotacións ou as centradas na agroecoloxía.
Sábado 23 de abril, 11:00h: “A experiencia do Centro Colaborativo Daquí Darredor de Brión” Daquí Darredor é un dos centros integrados na Rede de Coworking da Deputación da Coruña e concíbese como espazo colaborativo para a transformación de alimentos -conservas, zumes, etc-, igual que no Centro A Fusquenlla instalado en Moeche, que proximamente iniciará a fase de formación para persoas usuarias. Na charla que se ofrecerá en San Sadurniño contaremos cos relatorios de Lucía Ferreira falando sobre elaboracións con cabaza, co de Carlos Álvarez tratando o cultivo de setas gourmet e medicinais, e co de Santiago Yáñez, quen posúe unha plantación de maceiras en Muxía e produce zume.
Venres 29 de abril, 18:30h: “A apicultura como alternativa económica” Iago Vilela, enxeñeiro de montes, apicultor e técnico na Casa do Mel de Goente, impartirá unha charla sobre o mundo da apicultura dándo razóns para dedicarse a esta actividade e tamén información sobre como facelo: axudas, alta como persoa apicultora profesional, posta en funcionamento da explotación, comercialización, contabilidade, etc.
Venres 6 de maio, 18:30h: “Oportunidades de emprendemento agroalimentario e desenvolvemento rural” Á última das charlas de “Apostando polo sector primario” virá como convidado José Manuel Andrade, director da Fundación Juana de Vega. Esta entidade traballa desde hai décadas no desenvolvemento agrario e económico do rural galego e ten en marcha un programa de apoio ao emprendemento do que xa xurdiron varios proxectos dedicados á produción e transformación agroalimentaria.
Para participar en cada unha destas xornadas fai falla inscrición previa, chamando ao 616 332 919 ou enviando un correo a agustin.perez@sansadurnino.gal ata catro días antes da sesión á que se queira asistir. Só hai 35 prazas dispoñibles en cada unha delas e terán prioridade as persoas empadroadas en San Sadurniño ou as que sexan socias das entidades que colaboran na organización: a Asociación Galega da Froita Autóctona, a Asociación Agroecolóxica A Cortiña e a Asociación Casa do Mel.