🗓️Nos dous meses e oito días que levamos de ano, dende a Oficina Local de Fomento Cooperativo da Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol, xa levamos impartido formación en economía social a máis de 150 mulleres co programa “Sementeiras no Emprego” 👩🦱👩💼. Ademáis, constituíse xa unha S.,Coop.,G. formada exclusivamente por mulleres en Cedeira a través das nosas accións de asesoramento e acompañamento, partindo dunha idea xerada por mulleres que participaron na formación “Sementeiras” do ano anterior.👩🔧👩🌾
Os cursos “Incorporación á empresa agraria. Orientación Hortícola” 🍄🧅 🍅e “Aplicador/Manipulador de produtos fitosanitarios. Nivel Básico”, celebraránse en Narón na modalidade presencial a partir do 4 de abril.
🚨Xornada para persoas interesadas en emprender no rural dentro do sector de ATENCIÓN SOCIOSANITARIA👩⚕️🧑⚕️ atendendo ás persoas maiores nunha contorna familiar e próxima.🧓👴 🏡As “casas do maior”: Que son. Axudas para a súa creación. 23/02/2022 – 17:00 h. ✍️ http://bit.ly/casasdomaior
🚨Formación Dixital para Negocios: O Concello de Cabanas pón en marcha o curso de emprendemento dixital “A túa empresa na rede”💻, cunha duración de 60 horas impartidas de maneira telemática durante o mes de marzo.
A Universidade da Coruña (UDC) participa no “Programa Campus Rural’, unha iniciativa posta en marcha polo Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico en colaboración co Ministerio de Universidades.
O programa “Campus Rural” permitirá a 12 alumnos/as complementar a súa formación en entidades e empresas asentadas en concellos de menos de 5000 habitantes.
Duración das prácticas: 3 meses mínimo e 5 meses máximo.
O/a estudiante deberá residir no mesmo concello que a empresa onde realiza as prácticas.
Remuneración: 1000 € brutos mensuais+ gastos de Seguridade Social (sen custo para a empresa/entidade)
Numero de prácticas: 12 (6 do ámbito CC. Sociais e Humanidades e 6 de CC. Saúde)
Obradoiro gratuito de “Técnicas de negociación” o próximo xoves 17 as 16:30 h. na Casa da Cultura do @ConcelloCapela impulsada polo Centro de Coworking.
Daniel Siles abordará as mellores técnicas de negociación cos grupos de interese dos vosos negocios.
🚨No día de hoxe vense de publicar as subvencións para o fomento do emprendemento en #EconomíaSocial, que ofrecen ata un máximo de 36.000 € por cada persoa socia.💵 Podes chamarnos ao teléfono 722 253 762 ou contactar por correo electrónico (cooperativismo@ferrol.es) para concertar unha cita na Oficina Local de Fomento Cooperativo da Mancomunidade. Axudarémoste a poñer en marcha e desenvolver o teu proxecto de negocio en #Ferrolterra. A atención presencial seguirá a ser os luns, mércores e venres no Centro de Emprego do Concello de Ferrol, os martes no Concello de Valdoviño e os xoves no Concello de Cabanas. #XuntasSomosFortes
✍️O Parlamento de Galicia ven de aprobar por unanimidade este mes de decembro unha declaración institucional de apoio á ECONOMÍA SOCIAL GALEGA, modelo económico fundamental da sociedade actual, democrático, solidario e sustentábel.🤝ℹ️https://cutt.ly/5IuRhdb
Falta pouco máis dun mes para que se convoquen as axudas APROL Economía Social (ata 33.000 € por persoa). Se estás dándolle voltas a un proxecto de emprendemento chámanos e infórmate sobre súa viabilidade. Asesorarémoste e acompañarémoste na súa posta en marcha. #FerrolterraEmprende#EconomíaSocial
Queres emprender e adquirir as habilidades transversais? Se tes entre 18 e 31 anos e ganas de xerar un impacto positivo no mundo, inscríbete en Explorerbyx.org antes do 9 de decembro. O programa Explorer axúdache a experimentar o emprendemento como opción profesional. Traballarás sobre a túa idea transformándoa nunha solución que contribúa a lograr os ODS 2030, cun enfoque práctico e baseado en dinámicas de aprendizaxe social. Lugar: UDC A Coruña Space e UDC Ferrol Space Duración: 12 semanas (do 24 de xaneiro ao 24 de abril de 2022) Prezo: gratis Participación: só/a ou en equipo (máximo 5 persoas)
Metodoloxía: learning by doing (sesións presenciais ou virtuais e espazo en liña de traballo social e colaborativo). Titorización: cada proxecto será guiado e acompañado por un/unha coordinador/a e un xcout (mentor/a). Beneficios: Certificado de participación para os proxectos que completen as actividades do programa. Explorer Trip: viaxe dunha semana de duración no verán de 2022 á European Innovation Academy de Oporto, Portugal.
Validación da idea coa que aplicahes ao programa.
Comunidade: acceso a unha comunidade global de mozos innovadores con máis de 1.000 participantes en cada edición e a incorporación de Explorer Spaces latinoamericanos e europeos. Participa e apúntate co teu proxecto. Prazas limitadas. Bases👇 https://bit.ly/3FXkDVY Inscricións👇 https://bit.ly/31gR6I1