Arquivo da categoría: Sen clasificar

Axudas APROL – Economía Social

📌Ata o 30 de setembro:

Axudas de ata 16.500 € por cada persoa socia 💲 + reembolso da aportación ao capital inicial🔙💱

Infórmate de forma gratuíta e aprovéitate do programa APROL

👉 https://bit.ly/36pL9Yw

Emprende coa Mancomunidade en #EconomíaSocial, emprende en #Ferrolterra

Pide cita previa, sen compromiso e de forma gratuíta! Infórmate

RESOLUCIÓN do 8 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres, e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento SI437A).

📌O DOG publica hoxe as bases reguladoras das axudas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres ♀️

Esta resolución ten por obxecto establecer as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2021 das axudas dirixidas ás asociacións de mulleres e ás federacións constituídas por estas, coa finalidade de fortalecer e consolidar o movemento asociativo e potenciar a participación social e a calidade de vida das mulleres galegas a través das seguintes liñas:

a) Liña 1: consolidación do movemento asociativo, destinada a compensar gastos correntes que orixine o mantemento e funcionamento das asociacións de mulleres e das súas federacións.

b) Liña 2: promoción de actuacións e actividades singularizadas en materia de igualdade, de prevención da violencia de xénero e de acompañamento das vítimas, con especial incidencia nas mulleres rurais, mulleres maiores e/ou mulleres en situación de vulnerabilidade, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

Infórmate aquí!👇

👉https://bit.ly/3zCZ0YR

#XuntasSomosFortes

Seguen adiante os obradoiros de cooperativismo “Sementeiras no emprego” para persoas en formación laboral.

📸 Fotografia da 15ª e 16ª edición das “Sementeiras no emprego” adicadas aos proxectos formativos postos en marcha polos Concellos de Fene, Mugardos, Ares , Neda e Cabanas: Obradoiro Inicia V de Garantía Xuveníl e Obradoiro Dual Reinicia VII. Atopámonos con equipos de traballo incríbeis😃 que xa poden contar coa Economía Social como ferramenta para o emprego💪. Mañá será a quenda de para as persoas alumnas do curso de traballos de Carpintería e Moble.

Obradoiro de apoderamento de mulleres socias de cooperativas

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias, AGACA, pon en marcha un novo obradoiro de “Apoderamento de mulleres💪♀️ socias de cooperativas”. Impartirase os mércores 16, 23 e 30 de xuño, en horario de 16:00 a 21:00, a través dunha plataforma virtual.💻

ℹ️Máis información: https://lnkd.in/ddxVrDg

✍️Inscrición gratuíta: https://lnkd.in/dWhevyn

☑ Obxectivos:

👉 Impulsar o apoderamento e a autoestima.
👉 Mellora continua da explotación.
👉 A cooperativa como base da mellora.
👉 Impulsar proxectos de carácter empresarial, profesional e/ou agroalimentario.
👉 Impulsar proxectos no ámbito social e/ou asistencial.
👉 Impulsar proxectos relacionados co apoderamento e a presenza da muller nos órganos directivos das cooperativas.
👉 Impulsar o emprendemento a través do uso de recursos agrarios ociosos.
👉 Formar a mulleres socias en novas actividades produtivas mediante exemplos de éxito.

Presentación do programa OLYMPE EMPRENDE

Luns, 31 de maio, ás 10:00 horas

Webinar de presentación do OLYMPE EMPRENDE, programa de
#emprendemento feminino de proxectos con valores e principios da economía social.

Este #webinar está dirixido a axentes de desenvolvemento local, técnicos/as de emprendemento e de promoción económica e público en xeral.

A presentación será vía Zoom.

Inscrición enviando un correo electrónico a info@abeluria.coop.

Máis información sobre o Olympe Emprende
https://abeluria.coop/novas/Programa%20Olympe%20Emprende/

No hay descripción alternativa para esta imagen