Arquivo da categoría: Sen clasificar

8 de Marzo, día internacional da muller traballadora.

🗓️Nos dous meses e oito días que levamos de ano, dende a Oficina Local de Fomento Cooperativo da Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol, xa levamos impartido formación en economía social a máis de 150 mulleres co programa “Sementeiras no Emprego” 👩‍🦱👩‍💼. Ademáis, constituíse xa unha S.,Coop.,G. formada exclusivamente por mulleres en Cedeira a través das nosas accións de asesoramento e acompañamento, partindo dunha idea xerada por mulleres que participaron na formación “Sementeiras” do ano anterior.👩‍🔧👩‍🌾

#Xermolando

#XuntasSomosFortes

#EmprendeEnIgualdade

#8MFerrolterra

Cursos de incorporación á empresa agraria en Narón

Os cursos “Incorporación á empresa agraria. Orientación Hortícola” 🍄🧅 🍅e “Aplicador/Manipulador de produtos fitosanitarios. Nivel Básico”, celebraránse en Narón na modalidade presencial a partir do 4 de abril.

+Info.ℹ️ e inscricións✍️: https://agaca.coop/24053/

A UDC co programa “Campus Rural”

A Universidade da Coruña (UDC) participa no “Programa Campus Rural’, unha iniciativa posta en marcha polo Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico en colaboración co Ministerio de Universidades.

O programa “Campus Rural” permitirá a 12 alumnos/as complementar a súa formación en entidades e empresas asentadas en concellos de menos de 5000 habitantes.

Duración das prácticas: 3 meses mínimo e 5 meses máximo.

O/a estudiante deberá residir no mesmo concello que a empresa onde realiza as prácticas.

Remuneración: 1000 € brutos mensuais+ gastos de Seguridade Social (sen custo para a empresa/entidade)

Numero de prácticas: 12 (6 do ámbito CC. Sociais e Humanidades e 6 de CC. Saúde)

Máis información:  https://www.miteco.gob.es/es/reto-demografico/temas/campus_rural.aspx

Subvencións para o fomento do emprendemento 2022

🚨No día de hoxe vense de publicar as subvencións para o fomento do emprendemento en #EconomíaSocial, que ofrecen ata un máximo de 36.000 € por cada persoa socia.💵
Podes chamarnos ao teléfono 722 253 762 ou contactar por correo electrónico (cooperativismo@ferrol.es) para concertar unha cita na Oficina Local de Fomento Cooperativo da Mancomunidade. Axudarémoste a poñer en marcha e desenvolver o teu proxecto de negocio en #Ferrolterra.
A atención presencial seguirá a ser os luns, mércores e venres no Centro de Emprego do Concello de Ferrol, os martes no Concello de Valdoviño e os xoves no Concello de Cabanas.
#XuntasSomosFortes

https://cutt.ly/FIFGwyT

Programa “Explorer” da Universidade da Coruña

Queres emprender e adquirir as habilidades transversais? 
Se tes entre 18 e 31 anos e ganas de xerar un impacto positivo no mundo, inscríbete en Explorerbyx.org antes do 9 de decembro. 
O programa Explorer axúdache a experimentar o emprendemento como opción profesional. Traballarás sobre a túa idea transformándoa nunha solución que contribúa a lograr os ODS 2030, cun enfoque práctico e baseado en dinámicas de aprendizaxe social. 
Lugar: UDC A Coruña Space e UDC Ferrol Space  
Duración: 12 semanas (do 24 de xaneiro ao 24 de abril de 2022) 
Prezo: gratis 
Participación: só/a ou en equipo (máximo 5 persoas) 

Metodoloxía: learning by doing (sesións presenciais ou virtuais e espazo en liña de traballo social e colaborativo). 
Titorización: cada proxecto será guiado e acompañado por un/unha coordinador/a e un xcout (mentor/a). 
Beneficios:  
Certificado de participación para os proxectos que completen as actividades do programa. 
Explorer Trip: viaxe dunha semana de duración no verán de 2022 á European Innovation Academy de Oporto, Portugal. 

Validación da idea coa que aplicahes ao programa. 

Comunidade: acceso a unha comunidade global de mozos innovadores con máis de 1.000 participantes en cada edición e a incorporación de Explorer Spaces latinoamericanos e europeos. 
Participa e apúntate co teu proxecto. Prazas limitadas.  
Bases👇
https://bit.ly/3FXkDVY
Inscricións👇
https://bit.ly/31gR6I1