✍️O Parlamento de Galicia ven de aprobar por unanimidade este mes de decembro unha declaración institucional de apoio á ECONOMÍA SOCIAL GALEGA, modelo económico fundamental da sociedade actual, democrático, solidario e sustentábel.🤝ℹ️https://cutt.ly/5IuRhdb
Arquivo da categoría: Sen clasificar
Asesoramento e acompañamento gratuítos
Falta pouco máis dun mes para que se convoquen as axudas APROL Economía Social (ata 33.000 € por persoa).
Se estás dándolle voltas a un proxecto de emprendemento chámanos e infórmate sobre súa viabilidade. Asesorarémoste e acompañarémoste na súa posta en marcha.
#FerrolterraEmprende #EconomíaSocial

Programa “Explorer” da Universidade da Coruña
Queres emprender e adquirir as habilidades transversais?
Se tes entre 18 e 31 anos e ganas de xerar un impacto positivo no mundo, inscríbete en Explorerbyx.org antes do 9 de decembro.
O programa Explorer axúdache a experimentar o emprendemento como opción profesional. Traballarás sobre a túa idea transformándoa nunha solución que contribúa a lograr os ODS 2030, cun enfoque práctico e baseado en dinámicas de aprendizaxe social.
Lugar: UDC A Coruña Space e UDC Ferrol Space
Duración: 12 semanas (do 24 de xaneiro ao 24 de abril de 2022)
Prezo: gratis
Participación: só/a ou en equipo (máximo 5 persoas)
Metodoloxía: learning by doing (sesións presenciais ou virtuais e espazo en liña de traballo social e colaborativo).
Titorización: cada proxecto será guiado e acompañado por un/unha coordinador/a e un xcout (mentor/a).
Beneficios:
Certificado de participación para os proxectos que completen as actividades do programa.
Explorer Trip: viaxe dunha semana de duración no verán de 2022 á European Innovation Academy de Oporto, Portugal.
Validación da idea coa que aplicahes ao programa.
Comunidade: acceso a unha comunidade global de mozos innovadores con máis de 1.000 participantes en cada edición e a incorporación de Explorer Spaces latinoamericanos e europeos.
Participa e apúntate co teu proxecto. Prazas limitadas.
Bases👇
https://bit.ly/3FXkDVY
Inscricións👇
https://bit.ly/31gR6I1

📣OFERTA DE EMPREGO
Xornadas de dinamización e transformación do territorio
¿Buscas inspiración para impulsar proxectos no #mundorural
¿Queres conectar con outros axentes rurais?
¿Gostas de cocrear?
¡As #XornadasDOTerritorio na #ComarcadoDeza son para ti! Xornada inspiradora: https://eventbrite.es/e/196412453937 Workshops: https://eventbrite.es/e/196438491817

Xornada de Emprendemento Xuvenil no Medio Rural na temática do Sector Forestal
A Red Rural Nacional levará a cabo unha xornada dixital de “Emprendemento xuvenil no medio rural na temática do sector forestal” o próximo mércores 3 de novembro de 10:00 a 12:00 h.Máis info e inscricións (ata o 1 de novembro):
Webinar: “Como exportar produtos agroalimentarios a China”
Gracias ao desenvolvemento do Proxecto Sudoe AgrosmartGlobal podemos ter acceso a esta webinar sobre “Cómo exportar productos agroalimentarios a China” previsto para o 20 de outubro ás 10:00 horas (CEST), gracias á colaboración da Cámara de Comercio de España en China. Será impartido por Mr. Jin Lin, Xibarita Chain Brand Founder and CEO, un gran coñecedor do mercado chinés e dos produtos agroalimentarios de España, polo que pode trasladar moitas suxerencias de interese para os que xa exportan e os que estudian iniciarse na exportación a China.
Este webminar desenvolverase íntegramente en castelán, polo que calquera persoa interesada poderá participar gratuitamente. É preciso inscribirse previamente no enlace seguinte: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSeHash3LsPpyZOuIVSpaMhi2P8s1bUtF2YQ4V5nWVqdQNjyAg/viewform

Plan Estratéxico da Economía Social 2021-2026
Xa podes descargar o Plan Estratéxico da Economía Social na comarca de Ferrol 2021-2026 a través deste enlace de descarga:
https://drive.google.com/file/d/1n2z2QK-OM9_HcN8BYpO8P4rC1gfI6ynq/view?usp=sharing
Podes realizar comentarios e achegas a este plan ata o día 17 de outubro, que serán tidos en conta antes da súa aprobación final no pleno da Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol. As achegas poden realizarse enviando un correo electrónico á dirección cooperativismo@ferrol.es
Presentación pública do Plan Estratéxico da Economía Social de Ferrolterra o martes 28 de setembro
A Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol presentará este martes 28 de setembro o Plan Estratéxico de desenvolvemento da Economía Social para Ferrolterra 2021-2026, elaborado pola Oficina Local de Fomento Cooperativo desta Mancomunidade. O evento terá lugar no Antigo Hospicio de Ferrol (R/ Méndez Núñez, 11) ás 18:00 horas. Está invitados a este encontro todas as entidades da Economía Social da comarca (cooperativas, sociedades laborais, confrarías, etc.), ademais dos representantes e técnicos das administracións, así como calquera outra persoa interesada neste modelo económico. Para poder asistir é requisito imprescindible inscribirse no teléfono 722 25 37 62 ou no correo electrónico cooperativismo@ferrol.es.
A elaboración deste Plan Estratéxico contou con financiación da Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia a través das axudas ás entidades colaboradoras da Rede Eusumo para a realización de actividades de promoción e impulso do cooperativismo e a Economía Social. O Plan desenvolve 27 accións a través de 7 eixes estratéxicos que darán visibilidade á actividade do sector na comarca, consolidando o seu proceso de recuperación trala crise pos-pandémica e engadindo valor a través de fórmulas baseadas na intercooperación, o impulso institucional e a inmersión social das entidades. O proxecto tamén analiza o emprego na economía social nos anos de crise, observando unha mellor evolución e desenvolvemento en contraposición coa economía mercantil xeral, onde se observou unha maior destrución de emprego.

Coworking – A Capela
📢Novo centro de coworking no concello da Capela que forma parte da Rede de Espazos de Traballo Colaborativo🤝da Deputación da Coruña no que poderás recibir apoio, seguemento e asistencia técnica do teu proxecto empresarial de balde con Agurtzane López Uribarri .
O novo espazo inclúe os seguintes servizos para emprendedores, emprendedoras e empresas de nova creación. E sen coste algún para ti!
– Consultorías de negocio e emprendemento individuais e grupais.
– Eventos orientados á xeración de sinerxias e colaboracións entre os diferentes negocios.
– Espazo de traballo nun entorno rural moi tranquilo, perfecto para traballar libre de estrés. Conta con tres despachos individuais e unha zona de traballo habilitada para oito persoas, ademáis dunha sala de xuntas.
As prazas son limitadas, inscríbete aquí!👇
http://shorturl.at/bwyFW
Máis info:
E-mail: agurtzane.lopez@peninsula.co
Teléfono: 677668604