EXPERIENCIAS COOPERATIVAS FERROLTERRA
COLEXIO BELÉN DE EDUCACIÓN XERAL BÁSICA
S.COOP GALEGA
Esta cooperativa de ensino nace no ano 1977 cando os mestres que traballaban en dito centro deciden xuntarse para poder comprar o centro os seus antigos propietarios, que xa funcionaba como colexio.
Será nese ano, o 21 de Febreiro cando formalicen a Acta de Constitución da Cooperativa. Son 15 as persoas que fundan a cooperativa, coa idea de manter o colexio e así o seu posto de traballo. Manter o emprego é unha das filosofías da cooperativas onde o valor da persoa prima.
O centro sempre estivo na Praza do Tronco nº1 en Ferrol, máis cos anos foron ampliando instalacións e servizos, adaptando o centro as novas necesidades educativas.
Actualmente non queda ningún dos socios fundadores, máis si continua o espírito cooperativo co que se iniciou.
Hoxe hai 12 socios , algúns deles coa xubilación próxima ,como é o caso da presidenta da cooperativa que o ano que ven xubilarase logo de estar na cooperativa dende o ano 1983. Todos estes anos foille posible exercer a súa profesión dento dun entorno dinámico e activo, onde cada un dos socios ten diferentes actividades a maiores das que lles compete na súa materia educativa.
Ao longo dos anos foron superando os diferentes obstáculos que xurdían, así como desfrutando de poder exercer a súa profesión como mestres.
O entorno familiar que se respira no centro e un claro síntoma das voas relacións entre os socios da cooperativa, cuns valores e principios que aportan un valor engadido a este centro.
As cooperativas de ensino de traballo asociado son unha fórmula empresarial moi axeitada para os proxectos educativos que aspiran a innovar, como é o caso do Colexio Belén, xa que habitualmente están formadas por equipos estables que poden pensar en iniciativas a longo prazo. Os seus plans son froito do compromiso e o traballo en común e promoven valores como a autonomía, a cooperación ou a iniciativa, así como melloras da calidade educativa.
O colexio Belén é un cento privado concertado bilingüe no cal ofrecen as seguintes ensinanzas:
Escola Infantil (0-3 anos ) privada
Educación Infantil (3-6 anos) Concertada ( gratuíto)
Educación primaria (6-12 anos) Concertada (gratuíto)
Entre outros servizos tamén ofrecen actividades:
-
Extra-escolares
-
Complementarias
-
Comedor
-
Almorzos
-
Gardería para infantil e primaria dende as 7:30 a 9 :00 e de 16 a 18 h ( só usuarios do comedor)
-
Aula dixital
-
Biblioteca
Ademais da oferta regrada ofrecen os seus alumnos unha completa variedade de clases extra-escolares onde poden escoller entre:
Informática, taller de pintura, axadrezado, Pintura, hípica, inglés, francés, técnicas de estudo, coro,etc.
Podedes contactar con esta cooperativa en :
Colexio Belén
Pz. Río do Tronco 1-3
Ferrol
Tf/fax: 981 31 21 76
cpr.belen@edu.xunta.es