EXPERIENCIAS COOPERATIVAS FERROLTERRA
COPAGRO SCG
Rioboo, s/n. Meirás. 15550-Valdoviño (A Coruña)
Copagro SCG, é unha cooperativa agraria de segundo grado, fundada no ano 1973 representada no seu Consello Reitor polas Cooperativas de Meirás, Lago, Vilaboa, Ferreira e A Esperanza,estas cooperativas no seu conxunto agrupan aproximadamente un total de 12.855 socios cooperativistas da Comarca de Ferrolterra.
As cooperativas de segundo grao son aquelas que están formadas por outras cooperativas, nun número non inferior a dúas, como é o caso de Copagro, estas cooperativas que se xuntan pretenden conseguir o mesmo fin que o da cooperativa, colaborar entre elas e fortalecerse como empresas así como conseguir uns mellores servizos para os seus socios.
O seu ámbito de actuación abarca toda a provincia de A Coruña e Lugo
A súa actividade principal é:
-
Fabricación de alimentos compostos para animais.
-
Comercialización de produtos agrícolas .
-
Farmacia veterinaria.
-
Servizos administrativos e de asesoramento a cooperativas sociais.
Os seus produtos e servizos son:
-
Nutrición animal .-
Traballan con produtos xenéricos e de marca propia cun valor engadido e deseños específicos adaptados as necesidades dos clientes. A revisión constante das fórmulas emitidas, mesturas e concentrados fanse atendendo a dous requisitos fundamentais:
– Optimización económica-produtiva.
-Correcta proporción nutricional.
-
Venta de abono e fertilizantes .-
Nutrir adecuadamente a terra e imprescindible para obter cultivos de calidade. O uso de fertilizantes incide directamente na produción de carnes, leites e produtos vexetais para alimentación animal e humana, representando un gasto moi importante para calquera explotación, polo que é de vital importancia a venta de produtos de calidade: abonos, sementes, plantas, fitosanitaria, etc….
- Servizo farmacia animal.-
Prescrición e comercialización de medicamentos e produtos zoosanitarios. Todos os produtos atéñense as máis estritas normas sanitarias en canto a fabricación, envasado, rexistro e etiquetado,así como documentación explicita no que respecta ao seu manexo e transporte.
http://copagromeiras.wix.com/copagromeiras
Tfnos.: 981 485 468 | 981 485 366
Fax: 981 485 235
E-mail: copagro@delagro.org
E-mail copagro.pedidos@gmail.com