EXPERIENCIAS COOPERATIVAS FERROLTERRA
Enérxica é unha cooperativa de traballo asociado; que nace no ano 2013, da man de Juan, Fran, e Pilar.
A finalidade dunha cooperativa é prestar servizos e satisfacer as necesidades e aspiracións das persoas socias, mediante a participación e o compromiso coa mesma.
Enérxica ten como obxectivo proporcionar á comarca de Ferrolterra dun espazo para a realización da actividade física, mellora do rendemento deportivo, e a práctica do método ximnástico Pilates.
A idea xurdiu para dotar a nosa comarca dun centro que puidese cubrir as necesidades que atopan no sector, dado o novo enfoque da educación física, un enfoque personalizado, de trato individualizado, de calidade, é dicir personalizar a actividade física.
Basease na idea de ximnasio non tradicional e propoñen un centro de adestramento onde as características das salas, a iluminación, o ruído, e o aforo son máis idóneas. Esperan ter uns resultados que lles permitan medrar a nivel de cooperativa aumentando o número de socios/as, e a nivel de formación, xa que a actualización da mesma é a base da súa filosofía de traballo, canta máis formación teñan máis calidade poderán dar nos seus servizos.
O seu centro está capacitado para a realización de adestramentos específicos a persoas con discapacidades físicas pola Isidre Esteve Fundació.
As persoas que emprenden este proxecto son; Francisco Usero Bárcena, Juan Antonio García Martínez e Pilar Lozano Yañez.
Os dous primeiros contan con máis de dez anos de experiencia no sector do deporte e pretenden con este proxecto dar o seu salto ao mundo empresarial, no que esperan a medio prazo estar como referentes de calidade no ámbito deportivo. A terceira formada no mundo da xestión e xerencia empresarial conta con máis de seis anos de experiencia no mundo da xerencia e da formación.
CONTACTO: Rúa Real nº194 ( fronte ao Parador de Turismo) Ferrol 15403
Tlfn 605 208 379
Todas as persoas traballadoras ou socias de cooperativas contan cun 10% de desconto!!!!!