EXPERIENCIAS COOPERATIVAS FERROLTERRA
GRÁFICAS CURSIVA
IMPRENTA
COOPERATIVA DE TRABALLO ASOCIADO
Esta cooperativa nace como tal o 1 de Xaneiro de 2013.
Son tres os socios que a compoñen, Ana Mª,José Luis e Juan José.
Con anterioridade ao nacemento desta cooperativa, esta imprenta xa existía como empresa, onde os socios traballaban como empregados. Ante o peche e consecuente fin do seu posto de traballo deciden xuntarse e iniciar a súa andaina como cooperativa de traballo asociado.
Manter o emprego é unha das filosofías da cooperativa. O feito de poder crear o propio emprego e a estabilidade laboral son dous dos motivos polos que apostaron por esta fórmula, xunto coa igualdade e a participación democrática á hora de tomar decisións que lle afectan á empresa. Cando o persoal ten máis información sobre a marcha da empresa, como sucede na cooperativa, a xente entende mellor os problemas e os camiños para solucionalos.
A conversión a sociedade cooperativa galega foi un paso natural, é un modelo no que apostaron como factible, viable, só tiñan que ter vontade. As vantaxes son de cara a dentro da empresa, de cara a fóra hai que moverse como calquera empresa da competencia. Coa relación entre as persoas, con conversacións, conséguense máis cousas.
As máquinas e os materiais son comúns a moitas empresas, o que fai a diferenza son as persoas.
En definitiva, estes socios foron conscientes e actuaron e logo adaptáronse ás condicións de mercado, ás persoas.
Nesta empresa o traballo é a detalle, coidando a calidade tanto no deseño como no acabado, podes encargar a realización de folletos, revistas, tarxetas, facturas, talonarios, dípticos, trípticos, calendarios, invitacións, etc…
En gráficas cursiva encárganse da recollida e da entrega dos seus traballos.
Podes contactar no polígono da Gándara, avd Nicasio Pérez-parc 20-21 nave 59.
Teléfono e Fax 981 313611