“IDENTIDADE COOPERATIVA”

Para poñer en valor o cooperativismo queremos contar coas cooperativas da comarca como exemplo de empresas consolidadas e xeradoras de riqueza económica e social.

cabeza

  • Debemos reforzar a identidade das empresas cooperativas e axudar a identificalas, que poidan incrementar a visibilidade dos seus produtos e servizos cooperativos. Ademais pode axudar a colaboración entre as cooperativas, xa que é moi importante porque permite optimizar resultados e recursos.

  • As persoas cando consuman marca cooperativa estarán a mercar produtos e servizos realizados baixo un modelo igualitario, democrático e solidario, que cumpre cos valores do cooperativismo. Pero ademais mercarán uns produtos e servizos de calidade e intimamente vinculados coa súa comunidade, produtos galegos de alta gama e de gran valor social.

  • Para conseguir a marca cooperativa debemos demostrar esa identidade diferencial: que teñen mecanismos de participación, compromiso coa comunidade na que se insiren e uns criterios de calidade e desenvolvemento sostible desde os ámbitos social, económico e ambiental.

En breve compartiremos a historia de unha das cooperativas da comarca.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s