Meirás

EXPERIENCIAS COOPERATIVAS FERROLTERRA

COOPERATIVA DE MEIRÁS

DE CONSUMIDORES E USUARIOS
Sociedade Cooperativa Galega

A Cooperativa de Meirás, é unha cooperativa de consumidores e usuarios, resultado da transformación dunha cooperativa agraria.

Conforme aos estatutos sociais a Cooperativa para o desenvolvemento das súas actividades e servizos ten o ámbito territorial autonómico, aínda que a actividade cooperativizada, restrínxese fundamentalmente á bisbarra denominada Ferrolterra.

Obxecto e actividade económica

As actividades a desenrolar pola cooperativa para a súas persoas socias e das que con elas convivan, que constitúen o seu obxecto social, e que se recollen nos estatutos sociais, fan referencia aos seguintes:

  • Subministración de artigos de consumo, uso, vestido, mobiliario e demais elementos propios da economía doméstica.

  • Servizos diversos para a realización das actividades domésticas.

  • Bens e servizos e actividades necesarias para a vida docente, desenvolvemento cultural e cultivo do tempo libre das persoas socias, como libros, material didáctico, instalacións deportivas.

  • Concertos de intermediación económicos con entidades financeiras, compañías de seguros, empresas de distribución que contribúan á provisión de bens de diversa natureza, propios, todos eles, da economía doméstica.

  • Calquera outro fín lícito que teña ou que poida ter no futuro relación directa ou indirecta co cumprimento do obxeto social.

NACEMENTO E BREVE HISTORIA DA COOPERATIVA DE MEIRÁS

O fundador da cooperativa, don Misael Prieto García, chega a Meirás no ano 1910 para axudar o seu tío don Baltasar Prieto. As inquedanzas de don Misael son moitas, así coa prestación persoal dos veciños constrúe o local social lindeiro á igrexa parroquial, para destinalo a escola. Asisten a ela todos os veciños da parroquia, as ensinanzas nela son gratuítas.

No ano 1917 funda a Sociedade do Gando. Entran a formar parte dela case todos os veciños, dado que a economía era basicamente agraria. Esta mutua conta cun veterinario ao seu servizo que contribúe a mellorar a calidade do gando. Ao mesmo tempo que nace a mutua, don Misael segue a tradición anterior nos primeiros anos, ponlle as vacas aos veciños e reparte a ganancia a medias. Esta situación finaliza cando se funda “O Sindicato”, xa que a don Misael lle interesa que se fagan propietarios dos animais, concédelles préstamos para este fin, e trata de mudarlles vellos costumes prexudiciais aos seus intereses. Utiliza unha fórmula: aproveita o costume, no que a metade do valor da cría, sería para o desconto do préstamo. Así vai convertendo a todos en propietarios.

No ano 1918 nace o Sindicato Católico de Meirás. Fúndase polo empeño total de don Misael, e coa colaboración e apoio decidido do avogado don Enrique Santos Bugallo. No seu seo nace ao mesmo tempo unha sección de crédito, na que os seus fondos iniciais serán pequenas achegas. Posteriormente iranse depositando cantidades maiores ata que comeza unha actividade de empréstito de diñeiro, que en poucos anos fai que os seus veciños confíen nela e vaia medrando continuamente.

No 1925, o sindicato dá un paso moi grande na súa consolidación. Compra dúas extensas zonas da parroquia, os lugares da Cubeta e as ladeiras de Campelo, que se lles venden aos colonos e, se é o caso, aos veciños da parroquia.

A outra etapa na vida do sindicato constitúea a construción dos muíños da Cubeta; isto supón un transvase da auga do río a través dun canal que xa daquela se cementa na súa totalidade. Esta construción inaugúrase no ano 1928, cunha festa na parroquia, na que interveñen grupos rexionais. O acto aparece reflectido en diversos xornais da época.

Xa daquela e para solucionar o problema da escaseza da auga no período estival, adquiren un motor para mover os muíños. Móese como en todos os sitios polo sistema da maquila. Os muíños seguen funcionando na actualidade.

Na mesma época, o sindicato constrúe dúas pontes sobre o río San Vicente que divide a parroquia en dúas zonas e impedía en época invernal trasladarse dunha á outra. Así mesmo, leva a cabo no ano 1930, obras de infraestruturas: lavadoiros públicos en distintos puntos da parroquia, algúns deles cubertos. Moitos seguen en pé.

A morte do fundador ten lugar o 30 de maio do ano 1935. A cooperativa estaba consolidada e tras unha breve paréntese, pasa a encargarse dela un novo cura, don Pedro Rodríguez Cazás.

No 1946 e tras a súa adaptación ás novas disposicións legais deixa o nome de sindicato, denominación que aínda perdura nos socios máis antigos. A cooperativa monta, coincidindo coa instalación de enerxía eléctrica, un local social onde hai unha sala de cine.

Nesta etapa a cooperativa está estruturada en seccións: sección produción, sección consumo, sección de crédito agrícola e sección mutua gandeira. Continúa o labor de adquisición de terras e gando, mellora e construción de novas vivendas para os seus socios.

En 1956 falece don Pedro Rodríguez Cazás, e a cooperativa segue a súa marcha sen o brazo tutelar da igrexa, tras un curto período, o tesoureiro elixido o 7 de marzo de 1954, don Manuel Orjales Leira, realiza os labores de administración ata xuño do ano 1989.

Neste amplo período a cooperativa céntrase na construción de explotacións agrarias, mellora das existentes, adquire e pon á disposición dos socios un amplo parque de maquinaría, amplía os seus almacéns, organiza a recollida do leite e é socia fundadora de Leyma, adquire a leira Pedregas para os colonos de Meirás e Lago, constrúe un novo local social, constitúe xuntamente con outras cooperativas agrarias da zona Copagro, unha cooperativa de 2.º grao, que é ao mesmo tempo unha fábrica de pensos e unha central de compra para as cooperativas de base que a integran. O ámbito de actuación deixa de ser a parroquia para converterse nunha cooperativa de ámbito comarcal que realiza actividades en toda a comarca de Ferrol.

Nestes últimos anos, adaptáronse os estatutos da cooperativa á nova lei de cooperativas, amplía o seu ámbito de actuación a toda a comunidade autónoma, constrúe novos almacéns, transfórmanse as oficinas, e a sección de crédito consolídase como unha das máis importantes de España.

CONTACTO:

  • créditoSección

Meirás 981485000/981485001 fax: 981485366

meiras@cooperativademeiras.com

credito@cooperativademeiras.com

Narahio: narahio@cooperativademeiras.com Tel/fax: 981490302

  • Seccións Agrotendas/Supermercados

compras@cooperativademeiras.com

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s