OBXETIVO 2015
Que se recoñeza esta forma de facer empresa, cuns valores e uns principios que poñen no centro as persoas.
O importante é conseguir unha diferenciación respecto das outras tipoloxías empresariais para mellorar a visibilidade das cooperativas entre o público en xeral. Que se recoñeza esta forma de facer empresa, cuns valores e uns principios que poñen no centro as persoas.
Hai que captar o interese do público en xeral e orientar os consumidores e as consumidoras responsables, que cada vez son máis, dándolles a coñecer os produtos e servizos das cooperativas.
A nivel mundial, existe o distintivo da Alianza Cooperativa Internacional, que comparte con nós a estratexia da necesaria visibilización e recoñecemento social.
Pero como marca que conte con garantías de supervisión e control mediante protocolos de sustentabilidade e calidade somos referencia única.