Revolta Rural

PARABÉNS!
🌟✨
Dous proxectos cooperativos, asesorados pola Oficina de Fomento Cooperativo da Mancomunidade, gañan o 2º e 3º premio da Revolta Rural, concurso europeo que busca fomentar o emprendemento nestas contornas. Os proxectos, de Turismo Activo 🐴(Valdoviño) e Produción Agroalimentaria🍄(A Capela) verán a luz este ano.

Xornadas “Apostando polo sector primario” en San Sadurniño

As xornadas “Apostando polo sector primario” no Concello de San Sadurniño abordarán as posibilidades económicas do rural

Dun tempo a esta parte, o Concello de San Sadurniñoarrímalle á celebración da Feira da Plantación o programa “Apostando polo sector primario” coa finalidade de mostrarnos as posibilidades que ofrece o medio rural para atender os mercados alimentarios de proximidade con produtos diferenciados e da máxima calidade. As xornadas técnicas deste 2022 van ter lugar na Casa da Xuventude nas seguintes datas:

Venres 22 de abril, 18:30h: “Alimentar a comarca desde o local? O potencial de Ferrol-Eume-Ortegal para se autoabastecer de alimentos”
Xoán Carlos Carreira Pérez, Doutor Enxeñeiro Agrónomo e profesor xubilado da Universidade de Santiago, falará sobre soberanía alimentaria e máis concretamente sobre a capacidade da nosa zona para se autoabastecer de produtos frescos e elaborados. Algo no que poderían desempeñar un papel importante as iniciativas para consumo familiar, as pequenas explotacións ou as centradas na agroecoloxía.

Sábado 23 de abril, 11:00h: “A experiencia do Centro Colaborativo Daquí Darredor de Brión”
Daquí Darredor é un dos centros integrados na Rede de Coworking da Deputación da Coruña e concíbese como espazo colaborativo para a transformación de alimentos -conservas, zumes, etc-, igual que no Centro A Fusquenlla instalado en Moeche, que proximamente iniciará a fase de formación para persoas usuarias. Na charla que se ofrecerá en San Sadurniño contaremos cos relatorios de Lucía Ferreira falando sobre elaboracións con cabaza, co de Carlos Álvarez tratando o cultivo de setas gourmet e medicinais, e co de Santiago Yáñez, quen posúe unha plantación de maceiras en Muxía e produce zume.

Venres 29 de abril, 18:30h: “A apicultura como alternativa económica”
Iago Vilela, enxeñeiro de montes, apicultor e técnico na Casa do Mel de Goente, impartirá unha charla sobre o mundo da apicultura dándo razóns para dedicarse a esta actividade e tamén información sobre como facelo: axudas, alta como persoa apicultora profesional, posta en funcionamento da explotación, comercialización, contabilidade, etc.

Venres 6 de maio, 18:30h: “Oportunidades de emprendemento agroalimentario e desenvolvemento rural”
Á última das charlas de “Apostando polo sector primario” virá como convidado José Manuel Andrade, director da Fundación Juana de Vega. Esta entidade traballa desde hai décadas no desenvolvemento agrario e económico do rural galego e ten en marcha un programa de apoio ao emprendemento do que xa xurdiron varios proxectos dedicados á produción e transformación agroalimentaria.

Para participar en cada unha destas xornadas fai falla inscrición previa, chamando ao 616 332 919 ou enviando un correo a agustin.perez@sansadurnino.gal ata catro días antes da sesión á que se queira asistir. Só hai 35 prazas dispoñibles en cada unha delas e terán prioridade as persoas empadroadas en San Sadurniño ou as que sexan socias das entidades que colaboran na organización: a Asociación Galega da Froita Autóctona, a Asociación Agroecolóxica A Cortiña e a Asociación Casa do Mel.

Boa nova para as nosas tendas.

As tendas das cooperativas de Ferrolterra resisten mellor os efectos do paro do transporte.

A #EconomíaSocial vai da man do #ComercioLocal e de proximidade, apoiando e revalorizando a nosa contorna.

#OValorDoNoso

#XuntasSomosFortes

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/2022/03/24/tiendas-cooperativas-resisten-mejor-efectos-paro-transporte/0003_202203F24C2991.htm

8 de Marzo, día internacional da muller traballadora.

🗓️Nos dous meses e oito días que levamos de ano, dende a Oficina Local de Fomento Cooperativo da Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol, xa levamos impartido formación en economía social a máis de 150 mulleres co programa “Sementeiras no Emprego” 👩‍🦱👩‍💼. Ademáis, constituíse xa unha S.,Coop.,G. formada exclusivamente por mulleres en Cedeira a través das nosas accións de asesoramento e acompañamento, partindo dunha idea xerada por mulleres que participaron na formación “Sementeiras” do ano anterior.👩‍🔧👩‍🌾

#Xermolando

#XuntasSomosFortes

#EmprendeEnIgualdade

#8MFerrolterra

A UDC co programa “Campus Rural”

A Universidade da Coruña (UDC) participa no “Programa Campus Rural’, unha iniciativa posta en marcha polo Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico en colaboración co Ministerio de Universidades.

O programa “Campus Rural” permitirá a 12 alumnos/as complementar a súa formación en entidades e empresas asentadas en concellos de menos de 5000 habitantes.

Duración das prácticas: 3 meses mínimo e 5 meses máximo.

O/a estudiante deberá residir no mesmo concello que a empresa onde realiza as prácticas.

Remuneración: 1000 € brutos mensuais+ gastos de Seguridade Social (sen custo para a empresa/entidade)

Numero de prácticas: 12 (6 do ámbito CC. Sociais e Humanidades e 6 de CC. Saúde)

Máis información:  https://www.miteco.gob.es/es/reto-demografico/temas/campus_rural.aspx