Webinar: “Como exportar produtos agroalimentarios a China”

Gracias ao desenvolvemento do Proxecto Sudoe AgrosmartGlobal podemos ter acceso a esta webinar sobre “Cómo exportar productos agroalimentarios a China” previsto para o 20 de outubro ás 10:00 horas (CEST), gracias á colaboración da Cámara de Comercio de España en China. Será impartido por Mr. Jin Lin, Xibarita Chain Brand Founder and CEO, un gran coñecedor do mercado chinés e dos produtos agroalimentarios de España, polo que pode trasladar moitas suxerencias de interese para os que xa exportan e os que estudian iniciarse na exportación a China.

Este webminar desenvolverase íntegramente en castelán, polo que calquera persoa interesada poderá participar gratuitamente. É preciso inscribirse previamente no enlace seguinte: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSeHash3LsPpyZOuIVSpaMhi2P8s1bUtF2YQ4V5nWVqdQNjyAg/viewform

Plan Estratéxico da Economía Social 2021-2026

Xa podes descargar o Plan Estratéxico da Economía Social na comarca de Ferrol 2021-2026 a través deste enlace de descarga:

https://drive.google.com/file/d/1n2z2QK-OM9_HcN8BYpO8P4rC1gfI6ynq/view?usp=sharing

Podes realizar comentarios e achegas a este plan ata o día 17 de outubro, que serán tidos en conta antes da súa aprobación final no pleno da Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol. As achegas poden realizarse enviando un correo electrónico á dirección cooperativismo@ferrol.es

Presentación pública do Plan Estratéxico da Economía Social de Ferrolterra o martes 28 de setembro

A Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol presentará este martes 28 de setembro o Plan Estratéxico de desenvolvemento da Economía Social para Ferrolterra 2021-2026, elaborado pola Oficina Local de Fomento Cooperativo desta Mancomunidade. O evento terá lugar no Antigo Hospicio de Ferrol (R/ Méndez Núñez, 11) ás 18:00 horas. Está invitados a este encontro todas as entidades da Economía Social da comarca (cooperativas, sociedades laborais, confrarías, etc.), ademais dos representantes e técnicos das administracións, así como calquera outra persoa interesada neste modelo económico. Para poder asistir é requisito imprescindible inscribirse no teléfono 722 25 37 62 ou no correo electrónico cooperativismo@ferrol.es.

A elaboración deste Plan Estratéxico contou con financiación da Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia a través das axudas ás entidades colaboradoras da Rede Eusumo para a realización de actividades de promoción e impulso do cooperativismo e a Economía Social. O Plan desenvolve 27 accións a través de 7 eixes estratéxicos que darán visibilidade á actividade do sector na comarca, consolidando o seu proceso de recuperación trala crise pos-pandémica e engadindo valor a través de fórmulas baseadas na intercooperación, o impulso institucional e a inmersión social das entidades. O proxecto tamén analiza o emprego na economía social nos anos de crise, observando unha mellor evolución e desenvolvemento en contraposición coa economía mercantil xeral, onde se observou unha maior destrución de emprego.

Coworking – A Capela

📢Novo centro de coworking no concello da Capela que forma parte da Rede de Espazos de Traballo Colaborativo🤝da Deputación da Coruña no que poderás recibir apoio, seguemento e asistencia técnica do teu proxecto empresarial de balde con Agurtzane López Uribarri .

O novo espazo inclúe os seguintes servizos para emprendedores, emprendedoras e empresas de nova creación. E sen coste algún para ti!

– Consultorías de negocio e emprendemento individuais e grupais.

– Eventos orientados á xeración de sinerxias e colaboracións entre os diferentes negocios.

– Espazo de traballo nun entorno rural moi tranquilo, perfecto para traballar libre de estrés. Conta con tres despachos individuais e unha zona de traballo habilitada para oito persoas, ademáis dunha sala de xuntas.

As prazas son limitadas, inscríbete aquí!👇
http://shorturl.at/bwyFW

Máis info:
E-mail: agurtzane.lopez@peninsula.co
Teléfono: 677668604

Comunicación, redes sociais e risoterapia de balde nun taller online dirixido a mulleres

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) desenvolve en liña💻 un taller gratuíto para o empoderamento das mulleres cuxa temática será a comunicación, as redes sociais e a automotivación. Dará comezo o xoves 16 e continuará durante 3 xoves máis de 10 a 14 h.

➕ℹ️nfo e Inscricións: 👇

https://bit.ly/3hbGQWp

Cursos gratuítos en liña para o emprendemento

💬O Concello de Narón organiza formación online para o emprendemento no marco da Rede Eusumo. http://www.naron.es/web/cat/gal/noticias/get/4541/

Está orientada a mulleres, persoas emprendedoras, cooperativas, desempregadas(os),entidades da economía social e público en xeral.

Se non queres quedar sen praza só terás que cubrir o seguinte formulario (poderás anotarte en cantos cursos queiras): 
📝Inscricións de balde aquí 👇
https://cursosnaron.formacionenrede.com/


📆Os catro cursos darán comezo o vindeiro día 7 de setembro.