- QUEN SOMOS?
Dende a oficina local de fomento cooperativo da Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol, como entidade colaboradora da Rede Eusumo realizamos actividades de impulso e fomento do cooperativismo e da economía social, mediante o estímulo do autoemprego e emprendemento cooperativo e o apoio á xeración de novos proxectos.
A Rede Eusumo é unha rede de colaboración cofinanciada polo Fondo Social Europeo e impulsada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social. Con ela procúrase o fomento do espírito emprendedor prestando apoio directo á creación e consolidación de emprego con base na economía social.
Feitas as presentacións comentar que podedes contar connosco para todo o relacionado co mundo cooperativo dende que aparece a idea pasando por todos os trámites necesarios para a constitución da cooperativa . Acompañarémoste e asesorarémoste no proxecto cooperativo, avantaxes fiscais, subvencións e outros temas que te poidan beneficiar. En todo o relacionado coa formación cooperativa: xornadas, obradoiros, cursos e charlas para coñecer o proceso da cooperativa.
-
CON QUEN CONTAMOS
Queremos contar coas cooperativas da Comarca como exemplo de empresas consolidadas e xeradoras de riqueza económica e social, irémolas descubrindo e contando as súas experiencias.
Contaremos coas cooperativas a nivel autonómico e estatal.
Conteremos con vós, coas vosas inquietudes e temas de interese.
Esperamos que sigades atentos a este espazo onde todos xuntos compartiremos os temas cooperativos.