Rexenerando

EXPERIENCIAS COOPERATIVAS FERROLTERRA

logo_rexenerando

Rexenerando:

Igualdade, cultura, orientación para o emprego e innovación social

A comezos do 2014 atopámonos catro persoas con inquedanzas, enfoques e perspectivas profesionais complementares. No noso corpus un camiño de experiencias e formación moi amplo. Rexenerámonos nós e rexeneramos o noso entorno. Somos diferentes polo que somos, polo que sabemos e polo noso compromiso cos valores que defendemos. Nese camiño non podíamos ser outra cousa que cooperativa.

Recollemos e reformulamos o emprendemento exitoso dunha das nosas compañeiras. Ela é experta en políticas de igualdade e educación para a igualdade de oportunidades, traballou varios anos como consultora en Xenerando, asentada profesionalmente no eido dos servizos sociais desde hai unha década. Desenvolveu a súa actividade con diferentes colectivos: mulleres no exercicio da prostitución, persoas maiores, mulleres en situación de violencia de xénero, etc. Ademais realizou accións formativas para profesionais do ámbito dos servizos sociais e da administración autonómica, así como para forzas e corpos da Seguridade do Estado, e para o profesorado de ensino primario e secundario.

A esta rica experiencia súmase outra compañeira experta en responsabilidade social e orientación para o emprego e autoemprego. Desenvolveu o seu labor como axente de igualdade de oportunidades en diferentes organizacións sen ánimo de lucro, sindicais e gobernamentais. Desde o comezo da súa vida laboral enfocouse na docencia, no acompañamento de grupos, así como na planificación e programación de políticas públicas.

Temos a sorte de contar cun creador imparable, animador cultural, poeta e dramaturgo de recoñecido prestixio, lector compulsivo, buscador de historias e de historia, creador de contidos web, corrector lingüístico e cunha ampla experiencia no mundo da edición e da dinamización cultural. Redescubridor da maxia das palabras e das persoas, fai que nos mergullemos na nosa historia e na nosa cultura cunha paixón nunca antes vista.

Para completarmos a área de cultura, contamos cunha actriz e profesora de teatro con máis de dez anos de experiencia. Traballa con grupos de todas as idades. É capaz de crear un espectáculo da nada. A súa enerxía é contaxiosa. Leva a animación no sangue.

Ela fai que o traballo pareza lecer e que o lecer sexa rico, didáctico e pracenteiro.

Para alén das persoas que constituímos a cooperativa, contamos cunha serie de colaboradoras: pedagogas, educadoras sociais, traballadoras sociais, economistas, avogadas, etc. Un grupo humano inmellorable para ofrecer uns servizos de altisima calidade, innovadores e adaptados á necesidade da clientela.

Estamos especializadas en equidade, igualdade de oportunidades, innovación social, orientación laboral, animación cultural e interpretación do patrimonio. A nosa principal cliente é a Administración Pública. De momento, traballamos con concellos de Ferrolterra e con asociacións. Non dubides en contactar para calquera proposta que teñas. Non vas atopar unha relación calidade/prezo mellorable e todo iso coa garantía de que revirte no benestar da comunidade. A economía social é o futuro. Traballamos para facer un mundo máis xusto para todas as persoas.

http://rexenerando.com/

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s