EXPERIENCIAS COOPERATIVAS FERROLTERRA
CARPINTERIA-MUEBLES DE COCIÑA
TRONCO S.COOP.GALEGA
COOPERATIVA DE TRABALLO ASOCIADO
Encontrase en Abad- Moeche
Nace en xaneiro do 2001
Son catro os socios que forman esta cooperativa: José Luis, Juan José, Manuel e Marino. Traballan xuntos dende fai 25 anos. Ligados ao mesmo sector, todos compartían experiencias e proxectos profesionais.
Son dous os que irán primeiro ao autoemprego e pasados un par de anos serán os outros dous. Estes últimos pedirán a capitalización da prestación por desemprego e así xunto a ferramenta e maquinaria que aportan cada un dos catro poden poñer os cimentos para emprender colectivamente
Será o xestor o que lles indica as vantaxes de emprender colectivamente, como cooperativa de traballo asociado :
-
Participase e trabállase en equipo.
-
Compártense coñecementos,recursos e capacidades.
-
Hai complementariedade de perfís profesionais en función da formación e a experiencia.
-
Pódese ter unha rede de apoio mutuo e vantaxe competitiva.
-
Son proxectos máis inclusivos e máis resistentes.
-
Compártense o risco empresarial
-
Ten maior adaptabilidade e formas para mellorar a organización do traballo.
-
Posúe máis opcións de conciliación da vida laboral e persoal
-
Supón un aforro de custos, ao compartirse estes.
Vendo que a fórmula cooperativa encaixaba con eles e as vantaxes que tiñan deciden iniciar os tramites para constituírse como cooperativa.
A posta en marcha dunha cooperativa conta con axudas públicas, e ten bonificacións e exencións fiscais, especialmente a redución no imposto de sociedades, dependendo da tipoloxía da cooperativa.
Na cooperativa de traballo asociado teñen a opción de escoller o réxime de seguridade social en que queren cotizar: réxime xeral ou ben réxime especial de autónomos ( a opción debe ser a mesma para todas as persoas socias e debe manterse cinco anos ).Tendo esta posibilidade os socios da carpintería Tronco deciden estar no réxime xeral .
O traballo na empresa foi aumentando e chegou un momento que precisaron de ter un traballador, por eso contrataron un mozo, que estivo sete anos con eles ata que a carga de traballo non foi tanta. Este comenzou facendo as prácticas e logo continuou como traballador da cooperativa, ata que a carga de traballo se reduciu coa crise.
Actualmente seguen a ser catro os socios que traballan na cooperativa e seguen a manter o seus postos de traballo. Esta fórmula de economía social está a ser mais resistente ao período de crise económica no que estamos.
Realizan todo tipo de traballos de carpintería- mobles de cociña e baño, etc.
Podes contactar no teléfono 981-404373