AgroFlor

EXPERIENCIAS COOPERATIVAS FERROLTERRA

AgroFlor

AGROFLOR S.C.L.

AGROFLOR

Polígono da Gándara 100-101 Narón

Agroflor é unha cooperativa de agricultores que se adican a produción de flor e plantas. A súa actividade económica é de ámbito nacional.

A cooperativa naceu no ano 1985. Foi fundada por un grupo de agricultores que se adicaban a produción de flor a modo particular, decidindo agruparse para crear a cooperativa e así entre todos conseguir mellores resultados.

Tivo o seu momento mais alto cando a reconversión naval que sufriu a comarca, chegando a ter 95 socios , con unha superficie de cultivo de 120.000 metros cadrados, de invernadoiros.

Pasada a reconversión e unha vez que a situación laboral foise recuperando a nivel industrial, foi decaendo o interese da xente por esta actividade agraria, indo de volta ao sector naval e o da construción onde se conseguían maiores ingresos económicos para a poboación.

Na cooperativa mantivéronse as persoas que tiñan un arraigo polo campo e ademais de pretender sobrevivir iniciaron novos proxectos como a construción de locais , novos cultivos, novos mercados, e deste modo foise superando unha crise no sector agrario cando noutros sectores era todo o contrario,

Coa volta da crise industrial, incrementase o interese da xente pola agricultura como alternativa de traballo.

A Cooperativa supón unha alternativa laboral para os socios. Hai socios que a súa actividade principal é a produción para a cooperativa, con explotacións por riba dos 2500 metros cadrados. Para outros socios é unha actividade complementaria dento do ámbito familiar con explotacións máis pequenas entre 600 e 1200 metros cadrados.

A produción principal da cooperativa é de flor, destacando o cultivo de caravel e bulbos, esta produción destinase ao mercado nacional.

Nos últimos anos tamén se iniciaron na produción de planta ornamental como xeranios, surfinias , etc, destinada ao mercado local e as grandes superficies.

As súas instalacións atópanse no polígono da Gándara e ali e onde dispoñen dun almacén para a recepción da mercancía e dende onde distribúen para os seus clientes , así mesmo tamén dispoñen dunha tenda agraria onde ofrecen parte dos seus produtos e todo o relacionado coa agricultura doméstica.

Nestes dous últimos anos foron incorporando na cooperativa moita xente xove, con novas ideas e que supón o seu medio de vida.

Esperan poder garantir-lles isto e poder seguir a crecer como empresa.

CONTACTO: Rúa Sagrada Familia nº56 Ferrol

Puntos de atención:    Cedeira e Fene  os Luns                    

Técnica da oficina local de fomento cooperativo da Mancomunidade:

e-mail: dregueiro@ferrol.es                 Tlf:  981944000 ext 692         981944195

                               Dolores Regueiro                       móbil   698 107 176

https://www.facebook.com/coopferrolterra

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s