O Val

EXPERIENCAS COOPERATIVAS FERROLTERRA

LogoCooperativa_0

SANTA MARÍA DO VAL

A cooperativa do Val créase no ano 1973 por iniciativa dun grupo reducido de persoas que apostan pola cooperación, e querían dar servizos aos veciños do Val e do contorno.

Un de estes servizos consistía na recollida e comercialización do leite. A produción do leite foi, de feito, un dos motores importantes da economía da Cooperativa, comercializábanse aproximadamente 10.000 litros diarios, supoñendo ingresos importantes. Co paso dos anos os socios da Cooperativa deciden abandonar ese sector.

O 18 de novembro de ese ano, firmouse a Acta de Constitución Definitiva da Cooperativa. A finais do ano 1973 constitúese formalmente a Cooperativa Agraria de O Val cun total de 123 socios. Os Estatutos elabóranse de acordo coa lei vixente naqueles tempos, e o sistema de funcionamento interno fíxose seguindo o modelo das Caixas laborais Vascas.

Aló polo ano 1975 empezou a funcionar o que sería xermolo da actual Sección de Crédito, sección principal e prioritaria da Cooperativa. Esta sección comenzou cun capital social de 600.000 pesetas e na actualidade pasa dos 20 millóns de euros.

No ano 1979 comenzou a funcionar a sección de maquinaria agrícola a servizo do socio.

A Cooperativa segue mellorando en instalacións e evolucionando ao ofertar cada vez máis servizos e novos artigos.

Entre 1992-93 prodúcese un salto cualitativo en superficie dispoñible. A Cooperativa adquire terreos lindeiros co almacén principal e vai construíndo a primeira área comercial así como ampliando o espazo destinado ó almacén, pasando dos 150 m aos 2.500 m. Actualmente, a Cooperativa conta cunha superficie de área comercial de 4000 metros cadrados.

No ano 95 créase a Sección de Horta a cal se encarga da produción e comercialización dos distintos produtos hortícolas entre os que destaca o Pemento do Couto. A sección de horta implícase na súa produción e comercialización converténdose no buque insignia da Cooperativa. Nos anos 90, recuperouse o seu cultivo por iniciativa da Cooperativa do Val, coa colaboración do Concello de Narón e especialmente do Centro de Investigación Agrarias de Mabegondo (CIAM).

Dende xuño de 2009, data na que se publicou no Diario Oficial da Unión Europea a Ficha resumo do Prego de Condicións, contamos coa Indicación Xeográfica Protexida “Pemento do Couto”.

No ano 97 créase un Supermercado e Agrotenda cunha superficie de 800 m2. A día de hoxe a superficie ascende a 1500 metros cadrados.

No ano 2003-2004 fusionase coa Cooperativa de Serantes no Concello de Ferrol, fundada en 1909. Actualmente esta cooperativa conta coas sección de: Crédito, Supermercado e Agrotenda.

En 2005 a Cooperativa instala un Viveiro de 1.200 m2 nunha finca de 5 hectáreas propiedade da Cooperativa para colleitar planta para as súas agrotendas e así cubrir todo o ciclo, desde que se sementa ata que se vende ao consumidor, con produción no interior e exterior do invernadoiro.

No ano 2010 a Cooperativa leva a cabo un importante cambio na súa estrutura: a antiga sección de Horta pasa a ser dende maio dese ano unha Cooperativa agraria independente denominada Cooperativa do Campo Galego O Val- Narón S.C.G., dirixida polos propios agricultores e independente da Cooperativa Santa María do Val, estrutura que conserva ata a actualidade. No mesmo ano, créase unha Cooperativa de Segundo Grao: GRUPO COSTA ÁRTABRA, S.C.G, O VAL – NARÓN co obxeto de promover, coordinar e desenvolver fins económicos comúns da Cooperativa do Val e da Cooperativa do Campo Galego e das posibles novas Cooperativas que poidan xurdir.

A Cooperativa do Val, conta con varias seccións dentro do seu organigrama as cales pasamos a detallar a continuación:

                 Sección de Supermercado                                                Sección de Seguros

                 Sección de Agrotenda                                                       Sección de Maquinaria

                 Sección de Crédito                                                            Servizo de Transporte

No ano 1992 xurde a iniciativa por parte da Cooperativa de constituír unha Fundación a Fundación “Terra de Trasancos-Cooperativa do Val”, entidade que, dentro da Cooperativa, canaliza as actividades de obra social, e cuxo obxectivo fundamental consiste na promoción social e cultural de toda a área de influencia da Cooperativa, a comarca natural de Trasancos, integrada polo Concello de Narón e as súas áreas limítrofes.

Actualmente, a Fundación conta cos seguintes servizos:Fisioterapia, Terapia ocupacional, Podoloxía, Odontoloxía, Salón de estética, Perruquería, Actividades Terapeúticas socioeducativas e culturais, Cursos e obradoiros, Rede eusumo( Promoción e fomento do Cooperativismo…).

Na actualidade, a Cooperativa do Val conta cunha plantilla formada por 45 traballadores/as.

En números, a Cooperativa na actualidade conta cun importe neto cifra de negocio de 5 millóns de euros, uns depósitos na sección de crédito que rondan os 22 millóns de euros, un patrimonio neto valorado en 3.627,352,28 € e cun valor das inversión inmovilizado de 5.001.399 €.

Os valores que rexen a nosa Cooperativa son entre outros: Axuda mútua, Responsabilidade e compromiso, Solidariedade, Transparencia, Responsabilidade Social.

Todos os que formamos parte de esta pequena gran familia queremos destacar que o pasado, o presente e o futuro da Cooperativa do Val é o de traballar sempre coas persoas e intentar transmitirlles o espírito cooperativo que sen dúbida algunha sempre será o mellor camiño.”

Contamos contigo para levar a cabo ésta premisa

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s