COFEPA

EXPERIENCIAS COOPERATIVAS FERROLTERRA

Queremos contar coas cooperativas da Comarca como exemplo de empresas consolidadas e xeradoras de riqueza económica e social, irémolas descubrindo e contando as súas experiencias,para comenzar

Autoescola Cooperativa

Ruta24& Cofepa

A súa historia:

No ano 1974 un grupo de catro mestres de autoescola que estaban a traballar noutras empresas xuntaron-se con outros tres socios máis para poder formar unha cooperativa, xa que naquela época os estatutos esixían un número mínimo de 15 socios. Para poder reunirse tiñan que simular ceas ( xa que daquela non se podían facer reunións de máis de 5 persoas), así coa comida na mesa foise creando a Cooperativa Ferrolana de Mestres de Autoescola ( COFEPA).

Máis a apertura de novas autoescolas estaba sometida a un circulo pechado, algo semellante á concesión das farmacias, a figura do Director era imprescindible para poder abrir. Naqueles tempos escaseaban os títulos de director e todos os da zona xa tiñan a sua propia autoescola, por este motivo non puideron exercer a súa profesión dentro da cooperativa ata pasados uns anos, posto que non había máis opcións que mercar outra autoescola que xa estivese en funcionamento para poder resolver o problema das autorizacións das autoescolas.

Será no ano 1977 cando a cooperativa merca a autoescola “La Moderna”que levaba funcionando dende o ano 1964 e onde todos os empregados quixeron pasar a formar parte da cooperativa como socios, incluído o seu antigo propietario, así pois todos pasan a ser Autoescola COFEPA.

Unha vez adquirida a autorización en Cofepa, só quedan 10 socios fundadores, posto que a larga espera para poder empezar fixo desistir ao resto. Algúns crearon as súas propias empresas fora de Ferrolterra, outros seguiron sendo asalariados e outros non dispoñían de capital social e naqueles momentos non se concedían moitos préstamos.

Con moitos esforzos e problemas conseguen o obxectivo, fundan Cofepa 01, pero gracias o seu empeño e dedicación no ano 1981 adquiren a “A autoescola Salido”no Concello de Narón, e crean a sección 02.

Durante anos pasaron bos e malos momentos dentro da empresa, pero gracias a dedicación por parte dos socios da cooperativa chegouse a 18 persoas entre socios e asalariados. Os socios se foron xubilando despois de 40 anos traballados por e para a cooperativa. No ano 2010 só quedaban 3 socios en Cofepa e logo de pasar por un par de anos duros para todo o mundo, admitiron-se novos socios que xa estaban traballando dentro da cooperativa, como empregado e como colaboradores noutra autoescola “Ruta 24”.Durante este tempo moitas empresas pecharon, pero gracias a dous dos antigos socios: o presidente nese momento, Mariano Nadales, e un dos socios fundadores José Luis Ramos, a cooperativa renovou-se con novos socios, con ganas de seguir adiante con esta Cooperativa.

Tras a xubilación do último socio fundador no 2012, logo de 38 anos traballando na cooperativa, no ano 2014 se absorbe por parte da cooperativa, a autoescola “Ruta 24”, creando así a sección 03 e mudando de nome comercial a “Ruta 24-Cofepa”

Hoxe en día seguen a manter a alma cooperativista de aqueles socios que lograron formar a “ Cooperativa Ferrolana de Profesores de Autoescuela” fai 40 anos e tomase o relevo con forza e enerxía renovadas por parte dos 4 novos socios para manter a cooperativa polo menos durante 50 anos máis, co obxetivo de seguir sumando máis socios , máis clientes e máis “Familia Cofepa”.

A cooperativa Cofepa foi a primeira cooperativa de traballo asociado vinculada ao mundo das autoescolas en España xa que existía outra pero non era de traballo asociado. Co paso dos anos logrouse saír adiante en tempos de crise e incluso foi capaz de facer mudar tres empresas que esran sociedades limitadas: La Moderna 1964, Autoescola Salido 1981 e Formación Vial Ruta 24 2014 para xuntar forzas, ilucións e traballo duro en torno ao Cooperativismo.

Coa súa dedicación esperan que a cooperativa creza en número de socios e de empregados e aspiran a que neste tempos difíciles se xunten forzas entre todas as empresas sociais polo ben común.

COOPERAR É PROSPERAR! Creemos nas sinerxías e hoxe máis ca nunca neste modelo de traballo.

Ferrol – Sección 01

C/ Catalunya 12 Bajo

Tlfno: 981311480

 

Narón – Sección 02

Estrada de Castela 861

Tlfno: 981382921

 

Ferrol – Sección 03

C/ Españoleto 5·7 Entlo

Tlfno: 981371389

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s